Algunas claves para que los diarios refuercen su papel en la sociedad de la información
##plugins.themes.bootstrap3.article.main##
##plugins.themes.bootstrap3.article.sidebar##
Abstract
Os medios de comunicación impresos preparan a entrada na nova era con grandes desafíos. A crise estructural do sector -tendencia ó estancamento das ventas, tendencia ó estancamento dos ingresos publicitarios e incremento dos costes de producción- coloca nunha encrucillada á industria editorial. Esta situación, que se enmarca nunha sociedade globalización na que comenza a popularizarse a información en rede, reclama unha reflexión sobre o que está pasando na industria dos diarios e sobre posibles respostas para vence-los desafíos no novo século. Unha das solucións a este panorama hai que buscala nos contidos. O novo xornal ten responder os intereses, necesidades, sonos e aspiracións dos lectores. Ese novo producto só pode facerse e comercializarse con éxito da man dunha boa coordinación de tódolos departamentos das empresas editoras. E iso esixe darlle máis protagonismo ós lectores na elaboración do xornal da nova era. De aí a necesidade de reflexionar sobre os mecanismos para articular esa participación no xornal en papel da era dixital.
How to Cite
##plugins.themes.bootstrap3.article.details##
(c) UPV/EHU Press